Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

Revistas

Revistas

Menos para vivir mellor: Decrecimento, tema central do novo número de Ecologista

Menos para vivir mellor: Decrecimento, tema central do novo número de EcologistaXa está na rúa o nº64 da revista Ecologista editada por Ecologistas en Acción. O tema central neste número é o decrecemento a través dun conxunto de artigos agrupados baixo o título "Menos para vivir mejor: Poniendo en práctica el decrecimiento". Entre outras, Yayo Herrero incita a unha reflexíon sobre a necesidade de decrecemento, Julia Weingärtner e Marta Monasterio desenvolven as relacións entre ecofeminismo e decrecemento coa xustaposición entre empleo e traballo dende unha perspectiva de xénero, Javier Zarzuela explora o movemento de transición e os transition towns e Daniel López y Mireia Llorente achéganse ao decrecemento dende unha ollada agroecolóxica.








Ler máis...
Revistas

Saíu o número sete da revista electrónica Cos Pés na Terra

Saíu o número sete da revista electrónica Cos Pés na TerraVén de se publicar o número sete da revista Cos Pés na Terra , unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre o medio ambiente e a sustentabilidade. Inclúe a crónica dunha conferencia de Carlos Taibo sobre decrecemento e artigos verbo do impacto dos parques eólicos na Rede Natura en Galiza, o panorama enerxético galego, a crise alimentar, o Plano de Acción para deter a perda de biodiversidade na UE e o activismo NYMBI. Activistas e expertos oferecen na sección debate a súa visión sobre o desafío que supón a mudanza climática para Galiza. O número complétase coa publicación dun manifesto ecoloxista galego de 1981 até agora inédito na rede e con varias reseñas de libros e revistas.
Revistas

Sabedorías ecolóxicas

Sabedorías ecolóxicas

Xa está na rúa o nº 107 da revista Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global editado pola FUHEM. O tema central é a sabedoría ecolóxica das comunidades. Reivindicar este saber nestes momentos de crise ecosocial supón pór en primeiro plano a relación que certas comunidades estableceron coa súa contorna natural, nun marco de respecto e de adaptación ao medio que, á súa vez, foi configurando un legado cultural que constitúe a memoria da especie humana. A revista aborda no seu Especial estas tradicións milenarias analisando, entre outros aspectos, o seu potencial no mantemento da diversidade biolóxica e o manexo sustentable dos recursos; á vez que se identifican as principais ameazas que se cernen sobre elas. Xunto ás habituais seccións de Panorama, Periscopio e Libros, cómpre salientar tamén neste número un ensaio sobre a racionalidade da economía capitalista e unha entrevista a Serge Latouche, ideólogo do decrecimiento.

 

 

 

Ler máis...
Revistas

Decrecer para ser máis felices

Decrecer para ser máis felices

Este é o tema central do nº 151 da Revista Tempos Novos. Entre outros artigos recolle unha longa entrevista con Carlos Taibo, un dos meirandes valedores da teoría do decrecemento no Estado español, e unha crónica de distintas iniciativas desenvolvidas en Galiza no camiño ao decrecemento dende unha perspectiva persoal, na vida cotián, e das dificuldades e atrancos atopados.

Unha boa forma de iniciar un achegamento aos fundamentos do decrecemento, termo e praxe que sen dúbida acolle o xermolo dunha verdadeira transformación das nosas sociedades no camiño da sustentabilidade ecolóxica.

Páxina 1 de 3