"El libro negro de las marcas. El lado oscuro de las empresas globales", de Klaus Werner e Hans Weiss está disponíbel na rede en español, na súa edición arxentina (tradución de Mariano Grynszpan e Alejandra Obermeier). Pódese ler en liña ou descarregar en formato .pdf. "O libro negro das marcas" apresenta os danos causados polas empresas transnacionais na súa procura de lucro e recolle unha listaxe de 50 empresas que "atentan contra os valores éticos de forma reiterada e xeneralizada", entre as que destacan Bayer, TotalFinaElf e McDonald's.
Fonte: Consume Hasta Morir





