Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Seccións Libros e revistas

Libros e revistas

Libros

"Decrecimientos: Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana"

Publicado en español por Los Libros de la Catarata  e dirixido por Carlos Taibo, unha das referencias da opción do decrecemento no Estado español que, asemade, achega no limiar dez observacións imprescindíbeis sobre o que nos di o devandito proxecto. A obra achega unha ducia de artigos orixinais sobre a incidencia práctica que tería a escolla do decrecemento en diferentes aspectos das sociedades e do planeta.

Como indica o seu director: “Hoxe en día dispomos dunha teoría xeral sobre o decrecemento que foi adquirindo cada vez máis forza. Para completar este proxecto, con todo, urxe trasladar os conceptos teóricos xerais a ámbitos máis concretos. Isto é precisamente o que propoñen os autores: unha reflexión sobre o que debería cambiarse na vida cotiá a través do estudo de doce terreos relevantes do decrecemento: o medio urbano e o medio rural, as mulleres e as migracións, a sanidade e a educación, o mundo sindical e o lecer, o transporte e os medios de comunicación, os indicadores económicos e os países do Sur”.

Deste xeito, a obra achega unha visión do decrecemento bastante novidosa e pouco tratada até agora na literatura máis copiosa do tema, a das escolas francesa e italiana e que, sen ser aínda exhaustiva e moi concreta nalgúns casos, quere dar un primeiro paso na aplicación e consecuencias prácticas que tería a escolla do decrecemento nas nosas opulentas sociedades norteñas.


Ver a nova completa en Altermundo

Revistas

Menos para vivir mellor: Decrecimento, tema central do novo número de Ecologista

Menos para vivir mellor: Decrecimento, tema central do novo número de EcologistaXa está na rúa o nº64 da revista Ecologista editada por Ecologistas en Acción. O tema central neste número é o decrecemento a través dun conxunto de artigos agrupados baixo o título "Menos para vivir mejor: Poniendo en práctica el decrecimiento". Entre outras, Yayo Herrero incita a unha reflexíon sobre a necesidade de decrecemento, Julia Weingärtner e Marta Monasterio desenvolven as relacións entre ecofeminismo e decrecemento coa xustaposición entre empleo e traballo dende unha perspectiva de xénero, Javier Zarzuela explora o movemento de transición e os transition towns e Daniel López y Mireia Llorente achéganse ao decrecemento dende unha ollada agroecolóxica.








Ler máis...
Revistas

Saíu o número sete da revista electrónica Cos Pés na Terra

Saíu o número sete da revista electrónica Cos Pés na TerraVén de se publicar o número sete da revista Cos Pés na Terra , unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre o medio ambiente e a sustentabilidade. Inclúe a crónica dunha conferencia de Carlos Taibo sobre decrecemento e artigos verbo do impacto dos parques eólicos na Rede Natura en Galiza, o panorama enerxético galego, a crise alimentar, o Plano de Acción para deter a perda de biodiversidade na UE e o activismo NYMBI. Activistas e expertos oferecen na sección debate a súa visión sobre o desafío que supón a mudanza climática para Galiza. O número complétase coa publicación dun manifesto ecoloxista galego de 1981 até agora inédito na rede e con varias reseñas de libros e revistas.
Revistas

Sabedorías ecolóxicas

Sabedorías ecolóxicas

Xa está na rúa o nº 107 da revista Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global editado pola FUHEM. O tema central é a sabedoría ecolóxica das comunidades. Reivindicar este saber nestes momentos de crise ecosocial supón pór en primeiro plano a relación que certas comunidades estableceron coa súa contorna natural, nun marco de respecto e de adaptación ao medio que, á súa vez, foi configurando un legado cultural que constitúe a memoria da especie humana. A revista aborda no seu Especial estas tradicións milenarias analisando, entre outros aspectos, o seu potencial no mantemento da diversidade biolóxica e o manexo sustentable dos recursos; á vez que se identifican as principais ameazas que se cernen sobre elas. Xunto ás habituais seccións de Panorama, Periscopio e Libros, cómpre salientar tamén neste número un ensaio sobre a racionalidade da economía capitalista e unha entrevista a Serge Latouche, ideólogo do decrecimiento.

 

 

 

Ler máis...
Revistas

Decrecer para ser máis felices

Decrecer para ser máis felices

Este é o tema central do nº 151 da Revista Tempos Novos. Entre outros artigos recolle unha longa entrevista con Carlos Taibo, un dos meirandes valedores da teoría do decrecemento no Estado español, e unha crónica de distintas iniciativas desenvolvidas en Galiza no camiño ao decrecemento dende unha perspectiva persoal, na vida cotián, e das dificuldades e atrancos atopados.

Unha boa forma de iniciar un achegamento aos fundamentos do decrecemento, termo e praxe que sen dúbida acolle o xermolo dunha verdadeira transformación das nosas sociedades no camiño da sustentabilidade ecolóxica.

Revistas

Publicado o nº6 de Cos Pés na Terra

Publicado o nº6 de Cos Pés na Terra

Xa se pode ler o número 6 de Cos Pés na Terra, revista electrónica de información, reflexión e debate sobre a sustentabilidade con periodicidade semestral. A nova edición ábrese cunha entrevista a Paula Casal, vicepresidenta do Proxecto Gran Simio. A crise e a resposta ecoloxista son o tema do editorial e de dous artigos. O inevitábel cenit do petróleo, a falsa promesa da enerxía nuclear, cómo comunicar con eficacia a mudanza climática, a destrución das Gándaras de Budiño e as Ribeiras do Louro e o pensamento de Henry David Thoreau son os outros asuntos abordados neste número, que se completa con varias reseñas de libros e informes. O consello de redacción da revista tamén  mantén un blog.

 

Revistas

"A(s) Crises", novo número de Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global

O novo número da revista Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global dedica un Especial a analizar A(s) crises, e aborda as súas dimensións económica, ecolóxica e social. O obxectivo é ir alén dos aspectos financeiros e deterse na explicación daqueles factores e mecanismos que, desde o ámbito económico, contribuíron a xerar a situación actual.
Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global é unha revista trimestral publicada desde 1985 polo Centro de Investigación para a Paz, centro auspiciado por FUHEM. Cunha ollada multidisciplinar, a revista aborda temas relacionados coa sustentabilidade, a coesión social e a democracia, considerando a paz como eixo transversal de análise.




Revistas

Decrecimiento Sostenible: nº 35 da revista Ecología Política

Decrecimiento Sostenible: nº 35 da revista Ecología Política

O número 35 (Decrecimiento sostenible) da revista Ecología Política está dispoñíbel na rede en pdf para a súa descarga gratuíta.

Ecología Política é unha revista en castelán con 18 anos de historia editada pola Editorial Icaria . Nela trátanse con periodicidade semestral temas relacionados con conflitos ambientais e ecoloxía política de ámbito internacional. Semestralmente a revista selecciona un tema prioritario. O vindeiro número, que se publicará no verán, centrarase en saúde e medio ambiente.

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis...
Páxina 1 de 2