
Documental frances (subt. en castelán) que recolle unha introdución ao concepto de decrecemento a través dunha entrevista a Serge Latouche. Este economista e filósofo, profesor emérito da universidade Paris Sud e especialista nas relacións económicas norte/sur, é considerado un dos pais do concepto de decrecemento, sendo o seu libro "Sobrevivir al desarrollo: De la descolonización del imaginario económico a la construcción de una sociedad alternativa" editado por Icaria en España, unha das biblias do movemento. Latouche desenvolveu este concepto posteriormente noutro libro titulado La apuesta por el Decrecimiento: Como salir del imagianario dominante, tamén publicado por Icaria






O artista
