Alvarella vén de receber a ecoetiqueta europea para aloxamentos turísticos. Trátase da primeira ecoetiqueta europea concedida a un estabelecimento turístico en Galiza e a primeira que se concede no Estado a un albergue turístico. Alvarella Ecoturismo xere un albergue turístico rural en Vilarmaior —perto de Pontedeume— recoñecido como Equipamento de Educación Ambiental polo CENEAM e como Aula de Natureza e Entidade de Educación Ambiental pola Xunta de Galicia. O albergue, deseñado con criterios de bioconstrución e arquitectura bioclimática, está nun terreno duns 50.000 m2, no que tamén se atopa unha casa racionalista dos anos '40 restaurada para ser utilizada como estabelecimento de turismo rural.
Máis información no blog de Alvarella.
| Comentários |
|





