Afastarse da actual visión mercantilista do ocio, centrada no consumo como único camiño para a diversión. Conxugar o lúdico coa formación, coa sensibilización e coa denuncia.
Reactivar a vida e a actividade cultural da cidade durante o verao.
Recuperar a rúa para o xogo, a rúa para a xente.
Estas son as bases dende as que distintos colectivos sociais e culturais de Ourense, propoñen unha serie de actividades lúdicas alternativas para o verán. Aquí podedes ver a listaxe de actividades programadas. Nos próximos días, irán ampliando información sobre cada unha das actividades. Tamén podes poñerte en contacto con eles no seguinte enderezo electrónico: activatenoverao(a)saramaganta.info
| Comentários |
|
Powered by !JoomlaComment 3.26





