Ecologistas en Acción, a CGT e Baladre, presentan unha exposición composta por catro paneis explicativos sobre a crise económica, social e ambiental que estamos a padecer. Os contidos dos paneis son Como funciona o capitalismo?, Causas da crise, Consecuencias do capitalismo: a crise global, Alternativas. Conforman un material moi completo, tanto polas súas análises e formulacións, como polos interesantes exemplos que incorpora; atractivo, grazas ao equilibrio entre información escrita, gráficos, táboas e fotografías, que facilita a súa lectura; e dirixido tanto a activistas sociais como a persoas con coñecementos básicos sobre economía e temas ambientais.
Esta exposición pódese consultar e descargar na web de Ecologistas en Acción. Tamén se poden conseguir copias impresas contactando cos grupos locais da confederación.
| Comentários |
|





