Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Finanzas Alternativas Constituida a asociación Proxecto Fiare-Galiza

Constituida a asociación Proxecto Fiare-Galiza

fiareO pasado sábado 16 de xaneiro de 2010 tivo lugar a Asamblea Constituínte da Asociación Proxecto Fiare-Galiza, na que se aprobaron por unanimidade os Estatutos, traballados previamente polas 13 asociacións conformantes, e que levan xa case un ano a traballar na difusión do proxecto e na elaboración de material e preparación da posta en marcha desta nova asociación.

Ás 12.45 tivo lugar unha rolda de presentación á prensa da nova asociación, para continuar despois do xantar, cunha sesión de formación sobre o proxecto de banca ética, no que participaron o Presidente do Proxecto Fiare a nivel estatal e do seu responsable de comunicación, aberta a tódala cidadadanía, e que tivo unha enorme acollida.

A nova etapa do Proxecto Fiare en Galiza traballará, a partir deste momento, para conseguir a implicación de novas asociacións e na elaboración dun plan de formación e outro de actuación, así como na definición dos obxectivos de captación de capital social dentro do país. Con esta nova Asociación en Galiza, o proxecto Fiare xa conta con representación en oito zonas do Estado e pretende ser unha alternativa real e viable á banca tradicional, rompendo os esquemas inxustos e seu modelo operacional a través da incorporación de medidas innovadoras e alternativas para a intermediación financieira e operacións bancarias, que dean lugar a unha banca ética nun futuro xa máis próximo.

O Proxecto Fiare pretende a criación e consolidación dun sistema de banca ética de ámbito estatal que se constitúa en alternativa elixible pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financeiro, aliñándose con aquelas entidades que xa están traballando no ámbito da economía solidaria, co fin último de conseguir a transformación social.

Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:

  • Financiar actividades económicas que impliquen un impacto social positivo e transformador. É dicir, apoiar empresas, actividades e proxectos sociais, ecolóxicos, culturais e solidarios, favorecendo o desenvolvemento humano tanto nas nosas sociedades do Norte coma do Sur, poñendo o diñeiro a disposición das persoas excluídas e das organizacións que traballan con elas.
  • Ofrecer instrumentos de aforro e de investimento responsables. Trátase de poñer a disposición da cidadanía a posibilidade de apoiar cos seus aforros ese tipo de actividades, decidindo responsablemente o uso que fai a entidade financeira dos seus aforros e excluíndo calquera investimento en actividades ou empresas que colaboren co mantemento da inxustiza e o deterioro do noso mundo (tráfico de armas, explotación laboral, destrución do medio ambiente ...).
Fonte: Verdegaia
Comentários
Adicionar novo Busca RSS
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."