Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Enerxía Novas O Banco Mundial suspende o financiamento destinado ao aceite de palma

O Banco Mundial suspende o financiamento destinado ao aceite de palma

O Banco Mundial anunciou que non proporcionará nengún crédito máis ás empresas de aceite de palma até que podan garantir que non ocasionan danos sociais nen ambientais. O anuncio prodúcese tras anos de protestas de pobos indíxenas e ONGs en contra da destrución social e ambiental que as plantacións de palma de aceite estaban a causar.

Segundo Vitoria Tauli-Corpuz, presidenta do Foro Permanente de Nacións Unidas para Cuestións Indíxenas, a decisión do Banco Mundial "supón un grande triunfo. É o resultado de longos anos de traballo dos pobos indíxenas de Indonesia, encabezados pola Alianza dos Pobos Indíxenas do Arquipélago (AMAN) e o apoio de ONGs como Sawit Watch e Forest Peoples Programme (FPP)" .

A decisión foi adoptada menos dun mes despois de que un informe interno do Banco Mundial concluíse que os créditos que se estaban a conceder ao grupo comercial de aceite de palma Wilmar, que opera en Indonesia, violaban os estándares sociais e ambientais establecidos polo propio Banco. O informe levouse a cabo tras unha queixa de Sawit Watch e outras organizacións.

"Cando formulamos a nosa queixa sabiamos que as sucursais de Wilmar estaban utilizando lume de forma ilegal para rozar zonas de bosques primarios e de grande valor ambiental, así como confiscando terras dos pobos indíxenas sen o seu consentimento previo, libre e informado, xerando graves conflitos. O informe (interno) mostra que o IFC (o brazo financeiro privado do Banco Mundial) redefiniu os seus estándares", declarou un portavoz de Sawit, citado por FPP.

"O IFC non aprobará novos investimentos en aceite de palma mentres non teñamos unha nova estratexia en marcha. Tamén lle pedín ao IFC que revise as actuacións sociais e ambientais de todas as carteiras de investimento en aceite de palma", asegurou o presidente do Banco Mundial nunha carta dirixida ás ONGs.

Como sucede en Indonesia, as empresas de aceite de palma teñen impactos devastadores en moitos outros países, especialmente en Malaisia e Colombia.

FONTE: Survival

Comentários
Adicionar novo Busca RSS
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."