Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Enerxía Novas Un banco australiano calcula que chegaremos ao Teito do Petróleo durante este ano

Un banco australiano calcula que chegaremos ao Teito do Petróleo durante este ano

Como vén de informar Reuters, o banco australiano de investimentos Macquarie ven de estimar que o teito do subministro mundial de petróleo será acadado durante este ano 2009, nuns 89,6 millóns de barriles, tras a diminución de investimentos no sector producida pola Recesión mundial. Explican que actualmente os novos recursos postos en produción quedan anulados polo declive dos preexistentes. O título do informe que recolle estes datos non pode ser máis claro: The Big Oil Picture: We’re not running out, but that doesn’t mean we’ll have enough (Non nos estamos quedando sen petróleo, pero iso non significa que vaiamos ter abondo). Prevén que a produción caia ata 87,3 millóns de barriles para o 2015 (cunha demanda prevista de 90,9 millóns) e que a capacidade ociosa actual de 5,2 millóns se terá esfumado para 2012. “Engadir suficiente capacidade de produción a tempo é case imposible”, advirte Iain Reid o xefe de investigación europeu do banco en temas de petróleo e gas. Porén, rebaixa a alarma ao considerar que os prezos non chegarán a subir moito e que conseguirán que se reduza a demanda por vía dun maior estímulo á eficiencia.

Fonte: Vespera de Nada. Asociación por unha Galiza sen petróleo

Comentários
Adicionar novo Busca RSS
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."