Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Alternativas Quen dixo crise? Xornadas galegas de economías alternativas

Quen dixo crise? Xornadas galegas de economías alternativas

economias_alternativas_vigotrocaEstamos en crise? O sistema económico neoliberal, baseado no espellismo do crecemento sen freo, na especulación absurda e a depredación do medio afúndese, fagocitándose a si mesmo
Estamos en crise? Os bancos e as multinacionais que esquilman a terra coa súa delirante obsesión polos beneficios ven como se acenden todas as alarmas.
Estamos en crise? Os gobernos, cómplices durante décadas do desenvolvismo salvaxe, bótanse as mans á cabeza e declaran que chegou o momento de que a bolsa salvadora do Estado pague as facturas dos especuladores.

Son eles os que están en crise, pero nós os que a sufrimos. E pretenden que, unha vez máis, as cidadáns lles saquemos as castañas do lume.
É tempo de mudanzas. Cando o Estado se afunde, cobran forza unha vez máis os sistemas económicos éticos: propostas claras, viables e sensatas, respectuosas coa contorna, que non confunden benestar con incremento da produción e que apostan pola reciclaxe, a utilización consciente dous recursos, a solidariedade e o ben común.

As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario (Vigo, rúa Numancia, 3), invitámosvos a participar, os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, nun encontro galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco, cesión e moedas alternativas.
O obxectivo destas xornadas é propiciar un contacto entre os grupos e organizacións galegas que traballan para impulsar una economía ética. O encontro iniciarase a mañá do sábado 27 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e a exposición das actividades que estades a desenvolver. Troco, cesión, bancos de tempo, moedas alternativas, instrumentos financeiros éticos... A economía real, a economía decente.
E, o domingo, realizaremos un roteiro guiado polo espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, en Porriño. Porque a economía é tamén, ecoloxía.

Programa do sábado 27 de xuño
11:00-13:00  Mercadiño de troco e cesión na rúa Urzáiz, fronte ó mercado do Calvario.
14:00            Xantar conxunto das persoas asistentes ás xornadas.
16:00           Asemblea de organizacións de troco, cesión, bancos de tempo e economías alternativas. Presentación, posta en común de experiencias, propostas de futuro.
19:00            Presentación de ferramentas financeiras éticas (Coop-57, Fiare, etc.); redes de Troco (Ourense, Ferrol, etc); e moedas alternativas
21:00            Cea conxunta na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio: actuacións e lecer.

Programa do domingo 28 de xuño
10:00            Partida cara as Ribeiras do Louro, no Porriño.
11:00            Roteiro guiado polo espazo natural.
14:30            Xantar conxunto das persoas asistentes na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio.

Recórdao: os días 27 e 28 de xuño, implícate connosco en Vigo. Por ti. Por todas.

Asinado:
Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario
Vigo, 18 de xuño de 2009
Contacto: Eva (Amarante) 687 663015 - Javi (Caleidoskopio) 986 113796 - Fran (Verdegaia) 666 841041.
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver / http://vigotroca.arkipelagos.net
Comentários
Adicionar novo Busca RSS
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."