Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
May 19th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo consumismo - Alternativas Para avanzarmos na compa pública responsábel

Para avanzarmos na compa pública responsábel

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

roupa_eticaO gasto das administracións públicas equivale ao 18% do PIB da Unión Europea. Isto supón unha elevada capacidade de incidencia sobre o mercado, coa responsabilidade ambiental e social que conleva. As iniciativas a favor da compra pública responsábel veñen medrando e extendéndose desde hai algúns anos, polo que cada vez é máis doado aceder á información necesaria para mudar os criterios de compra e contratación co fin de os virar ferramentas de transformación cara á sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.

Setem, a Campaña Roupa Limpa e a Xarxa Catalana per la Compra Pública Ètica teñen un blog sobre Compra Pública Responsábel no que se poden atopar recursos como unha Guía de Compra Pública Responsábel de Uniformes e Produtos Téxtiles de recente publicación (tamén en galego).

Bakeaz ten un web dedicado á Compra Pública Verde, un traballo que desenvolve como parte da campaña europea Procura +, impulsada en 2004 por ICLEI - Gobernos Locais para a Sustentabilidade e que conta cun manual descarregábel en formato .pdf e disponíbel en varios idiomas. Tamén sobre compra pública verde existe un manual publicado pola Comisión Europea en 2005 e do que a Xunta de Galicia editou unha tradución ao galego. Con Bakeaz colabora IDEAS, que tamén ten unha campaña propia sobre Compra Pública Ética.

Entre Setembro de 2004 e o mesmo mes de 2005 Eurocities desenvolveu o proxecto CARPE (As Cidades como Compradoras Responsábeis en Europa). Daquela experiencia temos ao noso dispor unha guia e unha compilación de casos.

Tamén en Galiza se vai dando a coñecer pouco a pouco a compra pública responsábel. O máis recente neste ámbito é a iniciativa conxunta de Verdegaia e Amarante, que comezou pola apresentación de mocións en máis de 40 Concellos. Amarante, ademais, organiza para os vindeiros días 27 a 30 de Outubro as xornadas Ferramentas Técnicas para a Contratación Pública Responsábel.