A auga é un ben público, ou polo menos en teoría. Nun contexto de seca, esgotamento das zonas húmidas e desertización avanzada, no Estado español segue vixente unha lei franquista que entrega ás embotelladoras o acceso aos mananciais de auga para que a comercialicen con enormes marxes de beneficios. Un modelo de negocio boiante en todo o mundo.
Este ano por primeira vez secouse o río Cambrones, na Serra de Guadarrama. A seca ten que ver, pero a captación de 50 litros por segundo de auga feita por Bezoya (Pascual) é a principal causa, segundo os veciños. Agora, o encoro do Pontón Alto, que recolle as augas do Cambrones e o Eresma para abastecer Segovia e varios municipios próximos, está seco. A auga cheira a ceno e a xente merca auga engarrafada por medo. Se a marca que adquiren é Bezoya, están a consumir a auga que lles foi substraída pola multinacional uns quilómetros antes, recollida directamente do manancial. Pero cunha diferenza, por cada metro cúbico (mil litros), pagaban ao seu concello uns 30 céntimos de euro; agora, cada litro de auga engarrafada custaralles perto de 0,30 euros. Pagarán a Bezoya mil veces máis por un recurso público. A Junta de Castela e León e o Concello de Trescasas regalaron ao grupo Pascual o manancial por 30 anos.
Esta multinacional repite a mesma operación noutro lado da serra, no municipio segoviano de Ortigosa del Monte, desde hai máis de 35 anos, con outra planta envasadora e un caudal máximo concedido de 750 millóns de litros/ano. O río Milanillos sécase catro meses ao ano. Situacións idénticas repítense en todo o Estado español.
Lé o artigo completo no Periódico Diagonal
| Comentários |
|





