En 2006 nasceu o Proxecto Amorodo, unha iniciativa dos Concellos de Ames, Rois e Dodro para a promoción da agricultura sustentábel na Amaía e o Sar. Cunha vixencia de tres anos e tendo como beneficiarios preferentes mocidade e mulleres, o Proxecto Amorodo desenvolveu actividades de promoción, formación, produción e comercialización, xuntando por volta de 30 produtoræs susceptíbeis de dar lugar a pequenas empresas baseadas na relación directa co(a)s consumidoræs. O programa Labranza, da TVG, emitiu recentemente unha reportaxe sobre esta iniciativa transformada agora en Lentura, asociación de labregas e labregos.
Proxecto Amorodo from zcminhoca on Vimeo.
Vía: Zocamiñoca
| Comentários |
|
Powered by !JoomlaComment 3.26





