Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Alimentación Alternativas Preséntase o movemento Slow Food en Galiza

Preséntase o movemento Slow Food en Galiza

slowfood"Roubámoslle a alma á comida". Isto é o que denuncia o movemento Slow Food que reivindica a cociña tradicional, a recuperación de alimentos naturais e a loita contra os transxénicos utilizados nalgúns comestibles.

A corrente naceu en 1989, da man de Carlo Petrini, xornalista italiano e amante da gastronomía, que preocupado pola perda de calidade dos produtos, que se volveron "preciosos por fóra e insípidos por dentro", e pola invasión nas cidades dos restaurantes de comida rápida, decidiu rebelarse. Fíxoo creando Slow  Food, unha asociación internacional en defensa dos alimentos bos, limpos e xustos. Desde a súa fundación até a actualidade, o movemento Slow foi progresando e deu a volta ao mundo, establecéndose en 150 países.

Para que un produto sexa recoñecido pola asociación "Slow Food", deber cumprir unha serie de requisitos como respeitar o ambiente, ser elaborado de forma tradicional e ser de alta calidade.

Cando xurdiu esta corrente, ninguén podía imaxinar que a alimentación lenta chegaría a lugares como Estados Unidos, onde os seus habitantes son coñecidos pola súa afección ás hamburguesas, aos cachorros quentes ou a calquera outro derivado da comida rápida. Pero fíxoo. E desde hai uns meses agora en Galicia tamén existe unha delegación de Slow Food denominada Convivium. A súa creación foi obra dalgúns sibaritas do gusto, como o antropólogo e profesor universitario, García Allut, o ecoagricultor, Josep Pamies e o secretario de Confraría de Lira, Emilio Louro. Todos traballan desde 2008 para conscienciar aos galegos da importancia de conservar a gastronomía e os bos costumes. Aínda que segundo os seus fundadores, o Convivium Galicia acaba de nacer e "aínda está en ebulición", pontualiza Jesús Trillo, presidente da organización, ao que desde que lle propuxeron o cargo, puxo todo do seu parte para que non se perdan os sabores e alimentos característicos de Galicia.

E é que existen varios motivos polos que están a desaparecer algúns produtos artesanais. Entre eles, a escasa rendibilidade que supón a súa produción, o poder das grandes industrias e a mudanza de hábitos que está a sufrir a poboación, que prefire a comida lixo a optar por unha alimentación sá e elaborada.

Por iso os partidarios de slow food saben que mudar a mentalidade dos consumidores non é fácil, contodo non se renden. Proba diso está o labor realizado por José Luís Antelo, gandeiro e presidente da Asociación Porco Celta de Corcubión, unha das agrupacións máis interesadas en formar parte do Convivum Galicia, pois comparten a súa filosofía, e do seu catálogo internacional de produtos de excelencia gastronómica, a Arca do Gosto. Antelo asegura que un produto tan selecto "adoita ser máis caro" e por tanto a súa venda é "máis complicada". Contodo, "moita xente sabe apreciar o valor do exquisito e por iso "paga a pena tanto esforzo", asegura. É o propietario dunha explotación gandeira de Corcubión, que dá acubillo a 250 animais, entre os que hai 20 nais de porco celta. Esta raza é similar ao porco popular, con todo, é máis zumento e ten menos carne, polo que a moitos gandeiros non lles compensa economicamente a súa manutención. "Este produto é máis caro que o convencional", afirma o gandeiro.

Hai vinte anos esta raza estaba en perigo de extinción e a Asociación Porco Celta decidiu loitar para a conservar. Por este motivo o porco celta encaixa no movemento slow, pola súa recuperación da especie e ademais polo seu mantemento do ambiente.

Fonte: Slow Food
Comentários
Adicionar novo Busca RSS
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."