Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Alimentación Alternativas Consumo responsábel de leite

Consumo responsábel de leite

botella_vaso_leiteNestes días, e de modo recorrente desde hai anos, o leite está de actualidade polos protestos d@s gandeir@s a causa dos baixos prezos que as empresas transformadoras lles pagan. Qué debemos ter a conta para un consumo responsábel de leite? Son muitos os elementos en xogo, sociais, ambientais, económicos, políticos...: a PAC (Política Agraria Común), o modo de produción, a transformación, a comercialización, os prezos, os resíduos, o ben-estar animal... e a nosa nutrición.

Os nosos gobernantes promoven un modo de produción de leite industrial, intensivo, concentrado en cada vez menos explotacións e máis grandes, que alimenta vacas con pensos transxénicos e as espreme todo o que pode durante os poucos anos que se consideran úteis... A importación de leite e leite en pó, xunto coa imposibilidade de retención de leite por parte d@s gandeir@s coloca ás empresas transformadoras nunha posición vantaxosa que lles permete pagar prezos mui baixos, que mesmo nen cobren os custes de produción. Para alén disto, o leite é un produto utilizado como reclamo polos supermercados e grandes superficies, que o chegan a vender por baixo do seu custe (aínda que isto sexa ilegal).

O único leite industrial galego dunha empresa de capital galego que podemos atopar hoxe no mercado é o de Feiraco, pero non comercializa leite fresco e nen polo modo de produción nen polos envases que utiliza é a opción máis responsábel. O único leite fresco ("local" e máis saudábel que o UHT) industrial que se comercializa en Galiza é o de Leyma (en botella de plástico), que pertence a Leite Río, empresa de capital galego denunciada por importar leite francés. Afortunadamente temos outras alternativas no país que cumpre apoiar e que sería desexábel que fosen imitadas por outr@s gandeir@s que aínda producen de modo industrial: Arqueixal, A Cernada e O Alle producen e comercializan leite fresco ecolóxico en botellas de vidro retornábel.

O leite ecolóxico local en envases retornábeis comercializado á marxe das grandes superficies é a opción social e ambientalmente máis responsábel: é máis beneficioso e seguro para @s produtoræs; favorece a existencia dun rural vivo; evita a concentración da nosa alimentación nas maos dunhas poucas transnacionais; promove outro tipo de gandaría máis beneficioso ambiental e socialmente, dunha perspectiva local e global, e no que as vacas viven mellor; é máis nutritivo e saudábel... e contribúe para construír soberanía alimentar.

O leite tamén son os seus derivados, cumpre non o esquecer. Arqueixal tamén elabora queixo, e esta e A Cernada fan iogurte natural que comercializan tamén en envase de vidro retornábel. Outra opción en iogurtes galegos de produción ecolóxica, ainda que a outra escala e cunha filosofía máis convencional, é Casa Grande de Xanceda.

Se queres unha maior e máis completa información para o consumo responsábel de leite tés varios números da revista Opcións disponíbeis na rede: o número 4 (Xullo-Setembro de 2002) dedicouno ao leite e podes aceder á información no mesmo web ou en formato .pdf; o número 16 (Xuño-Agosto de 2005) centrouno no iogurte; e no número 21 (Decembro de 2006 - Febreiro de 2007) tés un resumo seguindo a "estrutura de pontos quentes" nas páxinas 12 e 13. Por último, tamén podes ver a curta documental "Tres historias y un vaso de leche".

 

Comentários
Adicionar novo Busca RSS
Anônimo (213.60.141.xxx) 22-06-2009 19:14:42

estou d'acordo.
pero non decides donde mercalo
xosé maria (91.117.41.xxx) 22-06-2009 22:08:28

Em tendas de produtos ecológicos e cooperativas ou associaçons de consumo
responsável deverias poder atopar algum deles. Na columna
direita estám as ligaçons:

http://consomesoudevoras.info/index.php/coopera...

http://www.craega.es/directorio/directorio.php?...
Para os que non toman leite enteira equen que sexa
Víctor (83.165.249.xxx) 25-06-2009 13:03:01

Por engadir algunha opción para os que non tomen leite enteira:


"President" comercializa leite galega semidesnatada, desnatada e
enteira. En supermercados Froiz cando menos pódese atopar.
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."